Ir al contenido principal

Os Plans Integrados de Emprego de Galicia

Licencia de Creative Commons
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Antes de entrar en materia, non quero deixar pasar a oportunidade de dar as gracias ás miñas compañeiras do grupo 4 polo seu amable ofrecimento a que expoña aquelo que considere importante no seu blogue. Elas tamén teñen a oportunidade de facelo a traveso da nosa plataforma!!

Hoxe quero falar da miña primeira experiencia na orientación laboral, de como a crise económica fixo que o goberno mais a sociedade galega foran sumidas unha grande escuridade en tódolos aspectos, sendo o desemprego un dos aspectos máis dramáticos do parón que se produciu.

De maneira que fai unhos 4 anos a Xunta, adaptando á nosa realidade modelos testados noutros territorios, decidiu darlle un novo pulo ó aumento da empregabilidade das persoas desempregadas. Que decidiu facer? Pois mellorar o mercado de traballo cunhas condicións máis vantaxosas mediante unha mellor formación das persoas, e a ampliación dos grupos que acceden ó mesmo.

Fai unhos días falábamos do Fondo Social Europeo, e da Estratexia Europea do Emprego... pois agora todas esas políticas macroeconómicas e grandilocuentes, que enchen os titulares do "Expansión" e o resto da prensa especializada, teñen unha traducción máis terreal, máis achegada ás persoas. O Plan Anual de Politica de Emprego (PAPE) impulsou os Plans Integrados de Emprego de Galicia (PIE).

De números tamén é importante falar, e algo debe estar facendose ben por todas aquelas persoas e entidades que no noso día a día desenvolvemos a nosa labor nos PIE, pois imos pasar de 3.270.000 € neste pasado ano, a 7.630.000 € para 2019.

As persoas... técnicos en orientación laboral apaixonados pola súa labor... xente que non só trasmiten motivación e entusiasmo aos usuarios dos Programas, senón que son xenerosos trasmitindo o seu saber facer a nov@s compañeir@s que chegan... (gracias compis!!! ...somos un equipo!!), e que coma min, nunca se puxeran no posto de mando de algo así de grande a nivel persoal e emocional. Eiquí aparecen xente que xa pasou antes polo #POLAB e fai que te intereses por ampliar metas e vexas o satisfactorio que é axudar, mentar, motivar e guiar a aqueles que entran pola túa porta!!!

Xunto coas persoas, están as entidades arrimando o ombro... no noso caso, o Concello de Carballiño, pero hay 48 PIEs en Galicia que abranguen entidades colaboradoras sen ánimo de lucro como CIMO ou a Fundación Laboral da Construcción. Entidades locais que apostan por apoiar á xente a pé de rúa  dandolle armas para chegar o máis lonxe posible.

Pero... que se fai? Pois hai varias fases:

1ª FASE: É solicitar mediante unha memoria xustificativa a concesión da subvención. En ela, van expostos os motivos polos que se considera debe concederse, cun pequeno estudo demográfico e social do concello e do tecido empresarial da zona. Ahi van reflexados os colectivos a quen se destina, sendo quizás o máis importante dentro deles as mulleres, que gozan de obxetivos e orzamentos propios no programa. Outros son os menores de 30 anos e os de baixa cualificación (chama moito a atención un factor que xoga en desvantaxe de moitos deles é non ter permiso de conducción, por carecer del un porcentaxe importante dos mesmos, o que dificulta os desprazamentos). Tamén hai maiores de 55 anos, nos cales en moitas ocasións hai que afrontar con eles unha reciclaxe profesional completa, tras unha vida traballando no mesmo (eles son as grandes vítimas da crise do ladrillo), Ademáis inclúense os perceptores de prestacións.


Participantes nun PIE do Concello do Carballiño

Tras a selección dos 100 elexidos comeza a nosa aventura... facémola en base aos datos facilitados por eles nunha convocatoria feita polo Servicio Galego de Colocación

2ª FASE: Ten primeiro unha fase de formación en orientación laboral con 8 cursiños ou accións que abranguen as necesidades para conquerir unha mellor formación laboral. Eiquí faise obradoiros de entrevistas, tecnicas de coaching, habilidades sociolaborais, intelixencia emocional, prospección empresarial, tecnicas de motivación na busca de emprego, mobilidade laboral, e fomento da capacidade emprendedora. Tamén se complementa cunha formación transversal en idiomas ou novas tecnoloxias. Nos, por exemplo, impartimos un curso de alfabetización informática (moi necesario no caso dos maiores de 55 anos, pouco habituados á realidade tecnoloxica).

De xeito paralelo desenvolvemos unhas accións individuais de orientación laboral pura, facendo unha Entrevista de Diagnose Ocupacional (onde se fai unha analise da experiencia, capacidades, aptitudes e actitudes do usuario), a elaboración dun Curriculum Vitae, un seguimento personalizado, e por suposto a apertura dun Itinerario Personalizado de Inserción para cada un dos participantes do programa. Esto supón unha gran escola para aqueles que chegamos de novo ao fascinante mundo da orientación, aprendendo ferramentas básicas para facer o noso traballo.

3ª FASE: Unha vez rematada a fase de accións grupais de caracter xeral, pasamos á formación especializada, para dotar de novas cualificacións aos participantes. En Carballiño apostamos moi decididamente polo sector do metal (radican no concello dúas grandes empresas do sector que en epocas de maxima actividade chegan a 900 postos de traballo) mediante cursos de iniciación, perfeccionamento,  Prevención de Riscos Laborais (PRL) e prácticas en soldadura. É dicir, facemos unha formación integral para traballar no sector.

Tamén hai moita demanda de traballadores para institucións xeriátricas... é incrible a cantidad de directoras de residencias que chaman preguntando se temos xente formada e dispoñible para traballar nos seus centros... (sobre todo queren mulleres, porque os homes xeran máis reticencias ... caso de discriminación positiva polos internos). Por elo impártese o correspondente Certificado de Profesionalidade en Atención Sociosanitaria a Personas en Institucións Sociais SSC0208.

Outros sectores que destacan son o loxístico, e que resulta moi versátil para acadar traballo... por exemplo coma mozo de almacén (mediante o correspondente certificado de profesionalidade).


Usuarios do PIE no curso de soldadura.
O noso traballo consiste en dotar e mellorar a empregabilidade dos usuarios mediante a formación impartida, facer que gañen en autonomía e, por suposto dotalos dunha experiencia laboral que os impulse hacia adiante.

Tamén se fai algunha formación transversal como por exemplo algo que hoxe é básico para traballar (é unha demanda recorrente das empresas contratantes), como son os cursos de Prevención de Riscos Laborais, nas súas modalidades básicas de 30 e 60 horas.

4ª FASE: A partir de entón facemos a labor de intermediación con empresas, tanto directamente coma a través de Empresas de Traballo Temporal, así como unha búsqueda activa de emprego (temos usuarios a quen lle facilitamos nos 11 meses do programa máis de 90 ofertas de traballo). O obxetivo é que traballen o máximo posible, e conquerir o maior número de usuarios inseridos (traballar un mínimo de 90 días en caso de traballo por conta allea, e 180 en caso de facelo por conta propia) durante a duración do plan e tendo tamén unha prórroga de 3 meses adicionais dende que se da por pechado.

Bueno, como vedes, é una experiencia única, na que se tocan moitos dos grandes paus da orientación, sendo unha gran escola para aprender a profesión, onde se experimentan as satisfaccións de ver como se cambia a vida das persoas, dignificándoa e facendo que sexa mellor e máis completa...

Pero tamén existen problemas e circunstancias a veces difíciles de cambiar, tanto a nivel de usuarios (falta de motivación, motivos económicos que impiden ás veces formacións ou capacitacións importantes para a persoa, reticencias á mobilidade laboral, etc) como a nivel de nós mesmos, sendo na miña opinión a inestabilidade laboral o principal...hoxe estamos aquí, e mañá na outra punta da nosa terra, os que traballamos no eido local temos o límite da regla dos 24 meses traballados nos últimos 30, que fai en moitas ocasións que non exista estabilidade nos postos... por iso é unha gran noticia a creación da escala de orientadores laborais na Xunta de Galicia, o que permitirá acceder á condición de funcionario e ter esa estabailidade tan anhelada e soñada en moitos casos...

Bueno... estamos a recibir nestas datas as notificacións coas resolucións concedendo ou denegando os Programas... o Concello do Carballiño volve a estar entre os elexidos!!! Pero inda quedan 47 programas máis, onde vanse a necesitar orientadores coma nós, incluso facendo cambios de traballadores entre eles. No meu caso, aspiro a poder seguir sendo integrante dun equipo de traballo en algún deles!! (A primeira opción é onde estou, pero como dixen antes, hoxe eiquí e mañán alá!!)

E a vos... gostariavos formar parte dalgún PIE?? 

Para terminar, inserto un video acerca dun Plan Integrado de Emprego de Galicia en Ferrol, que fai un pequeno resumen das características de este tipo de Políticas Activas de Emprego, explicando tamén un pouco a intermediación a través de Empresas de Traballo Temporal (ETT):





Comentarios

Entradas populares de este blog

LA IGUALDAD DE OPORTUNIDADES ENTRE MUJERES Y HOMBRES

El sábado día 28 de Septiembre tuvimos la oportunidad de presenciar el relato de Margot Valcarce acerca de la perspectiva de género en la orientación laboral, haciendo especial hincapié en el rol que tiene asignada la mujer en el panorama laboral actual.  Para descubrir este apasionante tema, se presentó una conceptualización teórica y expositiva en la que la ponente hizo alusiones a contenidos muy relevantes como: La teoría feminista Es una teoría crítica y reflexiva que busca un nuevo orden en el que la igualdad está en su centro. Este movimiento tiene como objetivo conseguir la equidad para lograr una transformación social mediante: La visibilización del género como una estructura de poder. La manifestación del papel hegemónico masculino en todos los ámbitos. La exposición de la evidencia de la discriminación y la exclusión social por motivo de género. El sistema sexo-género La primera es una característica biológica mientras que la segunda se def

PRESENTACION DE SANDRA VILLAVERDE NAVEIRA

Hola, soy Sandra Villaverde. Psicóloga social y Orientadora laboral, desarrollo mi actividad laboral en el ámbito social y del empleo. Me gusta ayudar a mejorar la empleabilidad de las personas y contribuir a transformar su situación de desempleo en una etapa de oportunidades. Esta es mi nube de intereses.Como puedes ver la palabra que destaca sobre las demás es empatía . Nunca dejo que termine el día sin escuchar a: Os recomiendo este Blog   para lectura de articulos sobre RR.HH y Marca personal.